Gestora Podemos Vigo: PROPUESTAS

Liñas xerais para a conformación dunha xestora en Podemos Vigo

Aportacións recollidas na xuntanza aberta realizada no De Catro a Catro o 20/01/2015

Funcións da xestora:

Funcións moi restrinxidas: carácter técnico-administrativo Función puramente executiva, capacidade de decisión mínima. Non debe definir liñas políticas, debe ser só un órgano de xestión Debería poñer consensos sobrer a mesa, desenvolver unha proposta común. Debe rendir contas e estar sometida ás decisións da asemblea-asemblearismo Preparar o marco para un proceso de debate e elaboración colectiva sobre que queremos que sexa Podemos Vigo, que desemboque nuns documentos político-organizativos aprobados por consenso e nunhas primarias para elexir un novo CCM. Debería abordar cuestións estratéxicas para a cidade. Elaboración colectiva dun programa municipal. Debe coordinar a política da organización Debería elaborar un informe sobre a situación de Podemos Vigo A xestora debe ter unha conexión permanente cos círculosrelación cos círculos sectoriais e unha maior vinculación cos movemnetos sociais e as problemáticas da cidadanía. Violeta propón que a cuestión da xestora se debata nun Intercírculos e que haxa maior Debe garantir que continúe a funcionar o modelo organizativo asembleario que aprobamos por consenso en setembro. Non pode empezar de 0, senón que os grupos de traballo deberían seguir funcionando como até agora, rendindo contas a unha asamblea trimestral. Resulta fundamental desglosar as súas funcións e deixalas claras, precísase compromiso e traballo. Debería reestruturar os círculos nun só círculo municipal que se reuniría unha vez ao mes. ->Debería ocuparse da xestión interna pero tamén establecer relacións con outros círculos municipais da contorna. ->Encargarse de seguir desenvolvendo a liña orgánica dos grupos de traballo.

Composición e elección:

Que sexa representativa dos círculos Que sexa representativa das áreas e grupos de traballo Que sexa paritaria Vigo Centro propón o seguinte: a) Que cada un dos 6 círculos avale dúas persoas b) Que entre os/as 12 candidatos/as, a Asamblea elixa mediante votación presencial a entre 6 ou 8, quedando as/os non elegidos/as como suplentes para cubrir posibles vacantes. c) Composición paritaria: para iso habería que incluir criterios de corrección de xénero, tanto na proposta dos círculos como na elección da asamblea. d) Conformaríase tamén un grupo ampliado que asesoraría á xestora, pero sen capacidade de decisión. e) As decisións deberían tomarse por consenso entre todas/os as/os integrantes da xestora. De non ser así, debería nlevarse a decisión a votación na aemblea xeral. Nico propón que a xestora teña 3 membros que reflejen a composición de áreas (Comunicación e estratexia, Organización e planificación, Rescate social). Mayka propón unha xestora de 6 mebros no que cada un deles dispoña do seu grupo de traballo. A xestora debería partir dos grupos de traballo. Que exista un mecanismo de revocación áxil no caso de que algún dos seus membros non cumpla axeitadamente as funcións Que os/as integrantes asinen unha cláusula de responsabilidade conforme van comprometerse no desempeño do traballo. No caso de incumplirse, deixarían paso ao seguinte da lista. Os seus integrantes non poderían presentarse ás primarias para elexir un novo CCM, con vistas a garantir a independencia do proceso. Os seus integrantes non poderían ter formado parte anteriormente do disolto CCM. Non debería haber vetos, os integrantes da xestora poderían ter formado parte do anterior CCM e presentarse á elección do novo se así o consideran oportuno, xa que escasean recursos humanos en Podemos Vigo e habería que ter en conta a experiencia da xente que estivo traballando todo este tempo para sacar adiante a organización e cumpliu cos obxetivos fixados pola asamblea. Debátese sobre a duración da xestora, que depende da data na que Estatal habilite o sistema de elección dun novo CCM.Dependendo da súa extensión temporal, as funcións deberían ser distintas. Victorino propón que a xestora teña un prazo límite de 3 meses. Se antes dese prazo non se convocan novas eleccións a Consello Cidadán, debería disolverse e deixar paso a unha nova xestora con outras funcións.

Proponse e acórdase por unanimidade elaborar propostas por escrito que deberían colgarse en Praza Podemos Vigo no prazo dunha semana. O mércores 27 levaríanse a debate presencial, podendo engadirse enmendas e modificacións, con vistas a aunar as propostas en seguintes reunións, antes d eobter un consenso que poida ser votado en asamblea.

/r/PodemosVigo Thread Parent